Comunicado Plataforma Defensa Spdcif
Os traballadores do Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais (Spdcif), a través das organizacións sindicais que lexitimamente nos representan –CIG, CCOO, UGT e CSIF – xunto coa asociación profesional Apropiga, vémonos na obriga de denunciar a situación na que se atopa o Servizo Público de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais pertencente á Consellería do Medio Rural e do Mar, da que formamos parte e por cuxa defensa nos expresamos co fin de que a cidadanía galega coñeza cal é situación á que están conducindo as políticas erradas da consellería a un servizo público que é de todos.